Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

CCOO-Industria insta a Xunta a actuar ante a constante destrución de emprego por parte de Naturgy

    A Federación de Industria de CCOO de Galicia esixe a intervención da Xunta para evitar a «continua destrución e deslocalización de emprego» por parte da enerxética Naturgy. A última pretensión da compañía é trasladar a Madrid o centro de control da rede eléctrica, situado na Coruña.

    10/02/2021.
    Torres de alta tensión | Foto: pixabay

    Torres de alta tensión | Foto: pixabay

    O pasado martes, a dirección da empresa comunicoulle verbalmente ao comité a súa intención de pechar o dito centro e centralizar o servizo na capital do Estado. A medida sumaríase ao progresivo desmantelamento que o grupo empresarial vén realizando no país.

    CCOO-Industria denuncia que Naturgy pretenda «disfrazar» o traslado forzoso das traballadoras e traballadores afectados de «simple reorganización empresarial», xa que implica o peche dun centro «neurálxico» para o correcto funcionamento do sistema eléctrico en Galicia.