Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 24 Abril 2024.

Prestación por cesamento de actividade para persoas traballadoras autónomas ata o 31 de maio

  • A duración máxima da prestación é ata o 31 de maio

A nova prestación por cesamento de actividade abrangue catro supostos: suspensión de toda a actividade; continuidade da actividade, pero cunha perda importante de ingresos; autónomos/as con tarifa plana ou que non cotizaron nos últimos doce meses; e autónomas/os de tempada.

08/02/2021.
Aula de formación sen actividade

Aula de formación sen actividade

1) Por suspensión de toda actividade

Beneficiarios/as:

Dirixida a autónomos/as obrigados a suspender temporalmente toda a súa actividade como consecuencia dunha resolución administrativa para a contención da propagación da COVID-19.

Requisitos:

— Estar afiliado/a e en alta no réxime especial de traballadores autónomos antes do 1 de xaneiro de 2021.

— Estar ao corrente de pagamento nas súas obrigas coa Seguridade Social.

— Que todas as súas actividades se suspendesen por imposición das autoridades.

Contía:

— 50 % da base mínima de cotización.

— 70 % se é membro de familia numerosa e a súa actividade constitúe a única fonte de ingresos.

— 40 % se convive con outro membro que teña dereito á mesma prestación.

Duración:

Desde o día seguinte ao de entrada en vigor da medida de peche da actividade e ata que finalice o último día do mes en que se levante a restrición ou, como máximo, o 31 de maio.

Información complementaria:

— Exoneración de cotas.

2) Compatible co traballo por conta propia

Dirixida a autónomos/as que sufriran unha perda importante de ingresos e continúen desenvolvendo a actividade.

Requisitos:

— Estar afiliado/a e en alta no reta no momento da solicitude.

— Acreditar un período mínimo de cotización por cesamento de actividade de, polo menos, 12 meses.

— Non ter cumprida a idade ordinaria para causar dereito á pensión contributiva de xubilación.

— Estar ao corrente de pagamento coa Seguridade Social.

— Redución da facturación de, polo menos, o 50 % durante o primeiro semestre de 2021 en relación co segundo semestre de 2019.

— Non ter rendementos netos superiores a 7980 euros durante o primeiro semestre de 2021.

— No caso de ter traballadores/as a cargo, atoparse ao corrente de toda obriga en materia laboral e de seguridade social.

Contía:

— 70 % da base de cotización.

— 50 % da base mínima de cotización, se se compatibiliza co traballo por conta allea cun salario inferior a 1,25 veces o SMI.

Duración:

Máximo catro meses contados desde o 1 de febreiro de 2021. Os autónomos e autónomas que esgotaran o dereito á prestación porque a percibiron durante o trimestre anterior, poderán seguir percibíndoa ata o 31 de maio, sempre que teñan dereito a ela o 1 de febreiro de 2021.

3) Extraordinaria para os/as autónomos/as que non causen dereito á prestación por cesamento de actividade ordinaria

Dirixida a autónomos/as que non cumpren os requisitos de acceso á prestación compatible coa actividade (ter tarifa plana ou non ter cotizado nos últimos doce meses).

Requisitos:

— Afiliados/as e en alta no réxime especial de traballadores autónomos antes do 1 de abril de 2020.

— No ter rendementos netos procedentes da actividade por conta propia no primeiro semestre de 2021 superiores a 6650 euros.

— Acreditar no primeiro semestre de 2021 ingresos inferiores aos do primeiro trimestre de 2020.

— Estar ao corrente de pagamento nas súas obrigas coa Seguridade Social.

Contía:

— 50 % da base mínima de cotización.

— 40 % se convive con outro membro que teña dereito á mesma prestación.

Duración: 

Máxima de catro meses contados desde o 1 de febreiro de 2021.

Información complementaria:

Exoneración de pagamento de cotas.

4) Para autónomas e autónomos de tempada

Considéranse traballadores/as de tempada aqueles/as cuxo único traballo ao longo dos anos 2018 e 2019 se desenvolvera no reta ou no retmar durante un mínimo de catro meses e un máximo de seis en cada un dos anos.

Por outro lado, considerarase que o traballador/a autónomo/a desenvolveu un único traballo en 2018 e 2019 sempre que, se estivo de alta nun réxime da Seguridade Social como traballador/a por conta allea, esta alta non supere os 120 días ao longo deses anos.

Requisitos:

— Estar afiliado/a e en alta no reta durante, ao menos, catro meses e un máximo de seis cada un dos anos 2018 e 2019. Dous destes meses deberán estar entre xaneiro e xuño.

— Que non estivese de alta como traballador/a por conta allea máis de 60 días durante o primeiro semestre de 2021.

— Que non obtivese ingresos netos superiores a 6650 euros durante o primeiro semestre de 2021.

— Estar ao corrente no pagamento das cotas á Seguridade Social.

Contía:

— 70 % da base mínima de cotización. 

Duración: 

Máxima de catro meses contados desde o 1 de febreiro de 2021.

Información complementaria

— Exoneración de pagamento de cotas.