Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

Concentración na Coruña por unha transición ecolóxica xusta

    Os sindicatos CCOO, UGT e CIG protagonizaron este venres, 22 de xaneiro, unha concentración na Coruña en defensa da industria galega e dunha transición ecolóxica xusta.

    22/01/2021.
    Concentración diante da Delegación do Goberno na Coruña en defensa da industria galega (22/1/2021)

    Concentración diante da Delegación do Goberno na Coruña en defensa da industria galega (22/1/2021)

    As tres organizacións convocaron esta protesta tras os últimos peches industriais anunciados en Galicia, os da planta eólica de Siemens Gamesa nas Somozas e o da central térmica de Endesa nas Pontes.

    Diante da Delegación do Goberno, esixiron a implicación das Administracións para evitar o desmantelamento da industria galega, de xeito especial na comarca de Ferrol. Precisamente, nesta bisbarra haberá unha xornada de folga o vindeiro 25 de febreiro, convocada tamén de xeito unitario polas tres organizacións.