Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 23 Abril 2024.

Acordo previo para pechar o conflito en Urbanos de Ourense

    Tras catorce horas de negociación, chegouse a un acordo previo para pechar o conflito en Urbanos de Ourense, a concesionaria do transporte en autobús da capital provincial. O pacto está pendente da redacción definitiva do texto e da súa aceptación pola asemblea de traballadoras e traballadores.

    21/01/2021.
    Autobús fóra de servizo durante a folga do transporte urbano de Ourense

    Autobús fóra de servizo durante a folga do transporte urbano de Ourense

    O novo convenio colectivo tería unha duración de tres anos, de 2020 a 2022, así como modificacións nas táboas salariais e diversos conceptos.

    Dada a complexidade do acordo e as dificultades para referendalo en asemblea por mor das restricións sanitarias, serán precisos aínda varios días máis ata que se poida coñecer a decisión do persoal sobre este achegamento de posicións.