Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 20 Abril 2024.

Folga comarcal en Ferrol o 25 de febreiro

    Ante a situación de «emerxencia social e económica», os sindicatos Comisións Obreiras (CCOO), UGT e CIG convocan unha folga xeral nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal para o vindeiro 25 de febreiro. Os motivos que xustifican esta acción son, esencialmente, os mesmos que xa levaron á xornada de mobilización do pasado 17 de decembro, que incluíu unha cadea humana entre Ferrol e Narón.

    21/01/2021.
    Cadea humana entre Ferrol e Narón

    Cadea humana entre Ferrol e Narón

    A situación aínda se agravou máis no último mes, co anuncio de peche —sen alternativa industrial— da central térmica de Endesa (As Pontes), o peche para os efectos prácticos de Gamesa (As Somozas), a falta de carga de traballo para o sector naval e o peche constante de negocios na zona.

    Os sindicatos esixen solucións para estas comarcas, baseadas en carga de traballo para o naval, unha transición ecolóxica «xusta» e sen perda de emprego, proxectos de enerxías renovables —acompañados de proxectos industriais e infraestruturas— e un plan integral da ría de Ferrol que faga revivir o sector marisqueiro, entre outras actuacións.