Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 19 Abril 2024.

Unha caravana de vehículos reivindicou na Coruña un convenio «digno» para o sector da limpeza de edificios

    Os sindicatos Comisións Obreiras (CCOO), UGT e CIG convocaron para este venres unha caravana de vehículos que percorrereu varias rúas da Coruña en defensa dun convenio digno para o sector da limpeza de edificios na provincia. Os automóbiles partiron ás 11:30 do edificio sindical de Alfonso Molina e no seu percorrido visitaron as sedes das principais empresas do sector.

    22/01/2021.
    Caravana de vehículos

    Caravana de vehículos

    Con esta acción, os sindicatos aumentan a presión sobre as patronais da limpeza, ás que instan a «recapacitar» sobre a súa «actitude obstrucionista» nas negociacións. CCOO, UGT e CIG denuncian que a parte empresarial teima en recortar dereitos sociais, conxelar os salarios e non crear novo emprego, ao tempo que aumenta a facturación pola maior carga de traballo que ocasiona a pandemia.

    Denuncia na Inspección

    Os sindicatos lembran que, amais destes recortes, as empresas do sector xa están a incumprir algúns puntos do actual convenio colectivo. Por esta razón, o pasado 13 de xaneiro rexistraron na Inspección de Traballo da Coruña 136 denuncias a empresas de limpeza de edificios por non cumpriren o artigo 8 do convenio, polo que o persoal a tempo parcial ten dereito a cubrir as vacantes que se poidan xerar.

    Convocatoria de folga

    Se as empresas manteñen as súas posicións e teiman nesta política de recorte de dereitos, o seguinte paso dos sindicatos será consultar o persoal do sector para convocar folga.