Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

Acreditación de competencias profesionais 2021 da Consellaría de Emprego de Igualdade

    A Xunta de Galicia publica a convocatoria pública para o ano 2021 do procedemento de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral en determinadas unidades de competencia do catálogo nacional de cualificacións profesionais.

    18/01/2021.
    Recoñecemento de competencias profesionais 2021

    Recoñecemento de competencias profesionais 2021

    A Consellería de Emprego e Igualdade convoca no seu ámbito de competencias o procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral e/ou de vías non formais de formación para un total de 1209 prazas, nas unidades de competencia e cun total de 4140 unidades de competencia nas seguintes cualificacións profesionais:

    — Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 325 prazas

    — Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 225 prazas

    — Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 150 prazas

    — Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 150 prazas

    — Operacións de vixilancia e extinción DE incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural (SEA595_2): 150 prazas

    — Vixilancia e seguridade privada (SEA029_2): 162 prazas, nas unidades de competencia:

    • UC0080_2 Efectuar a vixilancia e protección de bens e persoas en espazos delimitados e do transporte de fondos e obxectos valiosos

    • UC0081_2 Efectuar o acompañamento, defensa e protección de persoas ou grupos concretos

    52 prazas das persoas que quedaron na lista de espera na convocatoria anterior (Orde do 15 de novembro de 2019).

    110 novas prazas.

    — Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 47 prazas que pertencen á lista definitiva de persoas en lista de espera (Orde do 15 de novembro de 2019)

    Nesta cualificación profesional non se admitirán novas solicitudes nesta convocatoria.

    O prazo de inscrición será de 20 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (publicouse o 14 de xaneiro).

    Máis información no DOG NÚM. 8, XOVES, 14 DE XANEIRO DE 2021.

    Para facilitar o acceso a este procedemento de recoñecemento de competencias profesionais, poderanse utilizar os permisos individuais de formación.