Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 23 Abril 2024.

Aprazada «por responsabilidade» a folga en Urbanos de Ourense

    O comité de Urbanos de Ourense, empresa concesionaria do servizo de transporte en autobús na capital provincial, decidiu «por responsabilidade» aprazar a convocatoria de folga indefinida. A representación legal dos traballadores e das traballadoras adoptou esta decisión polo empeoramento da situación sanitaria.

    15/01/2021.
    Protesta do persoal de Urbanos de Ourense por un convenio digno

    Protesta do persoal de Urbanos de Ourense por un convenio digno

    Debido á entrada en vigor das novas restricións en materia de mobilidade, reunión e mesmo o adianto horario do toque de queda, o comité de empresa apraza a folga indefinida, pero manterá abertas as vías de diálogo para procurar unha solución ao conflito.