Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

A sección sindical de CCOO Bosch Service Solutions denuncia a inadecuada política de prevención de riscos laborais e condicións de traballo no seu centro de Vigo

    Bosch Service Solutions é a segunda empresa máis grande de Vigo por volume de persoal dedicada ao sector de contact center, que presta servizos a clientes como Vodafone, Repsol, Orange ou Iberdrola.

    15/01/2021.
    Instalacións de Bosch Service Solutions en Vigo

    Instalacións de Bosch Service Solutions en Vigo

    O ano pasado sufriu un ERTE que afectou a máis de 800 persoas e a día de hoxe conta con aproximadamente 1200 persoas en teletraballo, que achegan —a maioría— os seus propios medios sen que exista unha compensación dos gastos como esixe o RD 28/2020 sobre traballo a distancia. 

    A sección sindical de CCOO leva denunciando desde o principio da pandemia unha inadecuada política de prevención de riscos laborais, que pon en claro risco a saúde dos traballadores e traballadoras (falta de ventilación adecuada, sistemas de climatización estragados que no se arranxaron ata que se denunciou á inspección, etc.) 

    A Sección Sindical de CCOO quere mostrar publicamente o seu rexeitamento á degradación continua das condicións de traballo impostas por BOSCH en Vigo. O último e claro exemplo é a imposición das vacacións a case 800 persoas de forma unilateral, saltando o acordo alcanzado recentemente co comité de empresa ante o Consello Galego de Relacións Laborais.

    Desde o sindicato anuncian a interposición das medidas legais oportunas así como a valoración de convocatoria de mobilizacións nas vindeiras semanas.