Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 16 Abril 2024.

Mobilización en febreiro polo bloqueo no convenio do metal de Pontevedra

    Os sindicatos CCOO, UGT e CIG preparan unha concentración para dentro de tres semanas polo bloqueo nas negociacións do convenio do metal da provincia de Pontevedra. Será o mércores, 3 de febreiro, ás 11 horas, diante de Talleres Fontán, para traballadores e traballadoras da comarcade Vigo, e diante de Urovesa (Valga), para persoal das comarcas de Pontevedra e Arousa.

    25/01/2021.
    Temas
      Concentración o 3 de febreiro diante de Talleres Fontán, en Vigo

      Concentración o 3 de febreiro diante de Talleres Fontán, en Vigo

      Segundo Celso Carnero, secretario comarcal de CCOO-Industria en Vigo, as patronais do sector manteñen bloqueada a negociación do convenio pola súa «postura intransixente». Segundo o sindicalista, teiman nunha conxelación salarial para o ano 2021, mentres que a mellora económica do 2021 estaría condicionada a que se permita seguir precarizando o emprego a través das empresas de traballo temporal (ETT).

      «Este non pode ser un convenio de recortes», reprocha Carnero, menos aínda cando haberá fondos europeos para incentivar o traballo no sector. «Nós fixemos peticións moderadas», lembra o sindicalista, pero ante a actitude da patronal «teremos que endurecer as protestas».