Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 18 Abril 2024.

Xornadas de formación en igualdade en Vigo e Vilagarcía de Arousa

    O Gabinete de Igualdade de CCOO impartiu xornadas de formación en Vigo e Vilagarcía de Arousa os días 2 e 3 de decembro, respectivamente, baixo o título «A desaprendizaxe, clave para a igualdade entre mulleres e homes».

    04/12/2020.
    Xornada de formación en Vilagarcía

    Xornada de formación en Vilagarcía

    Xornadas didácticas

    Desde a súa creación, este Gabinete esforzouse por promover unha formación especializada das persoas que compoñen as delegacións das CCOO nas empresas galegas. Todas as federacións tiveron acceso a esta formación presencial.

    A pandemia freou as aspiracións de levar os conceptos básicos sobre igualdade e plans de igualdade á maior cantidade de delegados e delegadas de CCOO, pero os resultados obtidos nas xornadas dos primeiros meses do 2020 foron esperanzadores, polo que este outono se continúa coas accións formativas, ben sexa na modalidade presencial ou a distancia.

    A formación impartida nestas xornadas da Mariña e Pontevedra pódese complementar cos materiais publicados na área con que o Gabinete de Igualdade conta na web de CCOO.