Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 19 Abril 2024.

CCOO mobilizouse en apoio ao pobo saharauí

    Unha representación do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia participou na concentración convocada en Santiago de Compostela para amosar a solidariedade co pobo saharauí ante as agresións de Marrocos.

    20/11/2020.
    Ramón Sarmiento, xunto a Carlos Pardo e Laura Cereijo, da Unión Santiago-Barbanza de CCOO

    Ramón Sarmiento, xunto a Carlos Pardo e Laura Cereijo, da Unión Santiago-Barbanza de CCOO

    O secretario xeral de CCOO, Ramón Sarmiento, reclamou «xustiza» para o Sáhara Occidental e esixiu a fin das agresións militares de Marrocos, que vulnerou os acordos asinados en 1991.

    «O pobo galego non esquece o pobo saharauí», apuntou Sarmiento. «A súa dignidade perdura e resiste ao desleixo dos nosos gobernos e da comunidade internacional», enfatizou, nunha mensaxe de continuidade coas pancartas que rezaban «Marrocos, culpable; España, responsable».