Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 19 Marzo 2024.

Subsidio especial por desemprego (novembro 2020)

  • Poderase solicitar entre os días 6 e 30 deste mes de novembro

Resumo das condicións do subsidio especial por desemprego de tres meses de duración e 430,27 euros de contía, que poderán solicitar as persoas que esgotasen a cobertura por desemprego entre o 14 de marzo de 2020 e o 30 de xuño de 2020, ambos inclusive. Poderá solicitarse entre os días 6 e 30 de novembro de 2020.

05/11/2020.
O subsidio poderase solicitar entre os días 6 e 30 deste mes de novembro

O subsidio poderase solicitar entre os días 6 e 30 deste mes de novembro

Requisitos para acceder á prestación:

? Ter esgotada a prestación, subsidio ou axuda por desemprego entre o 14 de marzo de 2020 e o 30 de xuño de 2020, ambos inclusive.
? Estar en desemprego total e inscrito como demandante de emprego no servizo público de emprego.
? Non ter dereito á protección por desemprego de nivel contributivo, asistencial ou a calquera das axudas para persoas desempregadas. (Non obstante, quen estivese cumprindo o mes de espera de acceso ao subsidio de esgotamento da prestación contributiva poderá acceder ao subsidio especial e, posteriormente, ao de esgotamento, aplicándose nese momento as regras de consumo de días).
? Non ser persoa beneficiaria de renda mínima, renda de inclusión, salario social ou axuda análoga concedida por calquera Administración pública.
? No caso de que traballase por conta allea tras a extinción do último dereito recoñecido, ter cesado nese traballo con situación legal de desemprego.
? Non ter cumprida a idade que se esixa para acceder á pensión de xubilación, nas súas modalidades contributiva ou non contributiva.

Máis información no documento anexo a esta nota informativa.