Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 19 Abril 2024.

Aberto o prazo para solicitar as axudas do novo programa de formación dixital dirixido persoas desempregadas maiores de 45 anos

  • O programa Sénior dixital, creado ao abeiro dos Acordos do Diálogo Social, podería chegar a beneficiar a unhas seiscentas persoas

Esta semana abriuse o prazo para solicitar as axudas do novo programa de formación Sénior dixital, dirixido a persoas desempregadas de longa duración maiores de 45 anos. O proxecto nace ao abeiro dos Acordos do Diálogo Social, asinados en decembro entre os sindicatos CCOO, UGT, Xunta de Galicia e a patronal CEG. Trátase dunha iniciativa piloto para a atención personalizada a un colectivo dos que presenta maiores dificultades de inserción laboral. Avaliarase o seu funcionamento para, no futuro, implementar un programa máis ambicioso e con máis recursos.

13/08/2020.
O programa ofrecerá formación en distintas competencias dixitais

O programa ofrecerá formación en distintas competencias dixitais

O orzamento do proxecto é de 500.000 euros en axudas destinadas a empresas con experiencia no ámbito da formación. Serán estas as que, posteriormente, seleccionen as persoas participantes a través do Portal de Emprego de Galicia e das oficinas de emprego. A previsión é chegar a 17 empresas beneficiarias que poderían ofrecer formación a un total de 600 persoas maiores de 45 anos en situación de desemprego de longa duración.

O programa Sénior dixital pretende favorecer a incorporación ao mercado laboral das persoas que, pola súa idade, teñen máis dificultades para atopar un posto de traballo, especialmente en entornos cada vez máis dixitalizados. Por esta razón, darase formación en ferramentas ofimáticas, xestión de documentos na 'nube' ou streaming, entre outros contidos.