Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

CCOO faise con todo o comité no SAD de Padrón

    A Federación de Construción e Servizos de CCOO conseguiu toda a representación nas eleccións sindicais de Servizos Sociais Ulla Sar, empresa concesionaria do servizo de axuda a domicilio (SAD) de Padrón. O sindicato segue sumando resultados positivos e avanzando como primeira forza do sector en Galicia.

    10/01/2020.
    Un momento das votacións

    Un momento das votacións

    Desde CCOO salientan que, por vez primeira, o SAD de Padrón vai contar cunha representación legal das traballadoras, e será grazas ás cinco delegadas elixidas baixo as siglas deste sindicato.

    Nas asembleas previas, Comisións Obreiras comprometeuse a traballar por mellorar as actuais condicións laborais. O traballo sindical viuse recompensado con este resultado, nunhas votacións en que participou o 65 % do persoal.

    Desde Construción e Servizos agradecen o apoio das traballadoras e, de xeito particular, a decisión das compañeiras que deron un paso á fronte para formaren parte deste primeiro comité de empresa.