Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

CCOO gaña as eleccións sindicais no grupo Jealsa-Rianxeira

    Comisións Obreiras gaña as eleccións sindicais no grupo Jealsa-Rianxeira. Faino, ademais, conseguindo a maioría absoluta da representación, con catorce delegados e delegadas de vinte e un posibles. O outro sindicato que concorreu, UGT, logrou sete.

    22/11/2019.
    CCOO logra a maioría absoluta no comité de empresa

    CCOO logra a maioría absoluta no comité de empresa

    A Federación de Industria de CCOO agradece a confianza que o persoal depositou na candidatura deste sindicato. Para os próximos catro anos, Comisións Obreiras traballará para facer realidade os compromisos adquiridos, co obxectivo de mellorar as condicións laborais e sociais na empresa, no sector e na sociedade.