Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

Galicia sae á rúa en solidariedade con Bolivia e a democracia

  • CCOO implicouse na organización destas mobilizacións, nas que se esixiu a restauración da democracia en Bolivia

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) implicouse nas concentracións que houbo este xoves, 21 de novembro, en apoio ao pobo boliviano. O sindicato insiste en que o acontecido en Bolivia responde á definición de golpe de Estado, xa que o presidente lexítimo, Evo Morales, foi forzado polas forzas armadas a deixar o poder. Ao tempo, vulneráronse as normas legais para a sucesión, todo no medio dunha espiral de violencia e represión armada de calquera tipo de protesta.

21/11/2019.
Un momento da manifestación da Coruña

Un momento da manifestación da Coruña

CCOO lembra que Bolivia é o único país da América Latina cunha maioría de poboación indíxena. As elites sociais e económicas, así como a cúpula militar antiesquerdista, sempre se resistiron a ser gobernadas por un campesiño indíxena de orixes humildes. Nos catorce anos de goberno de Morales, Bolivia conseguiu estabilidade, os seus mellores índices de crecemento, escolarización e acceso a servizos públicos e saúde, que nunca foron ben vistos polas devanditas elites.

Lugares enque houbo concentracións de apoio este xoves

? A Coruña: Obelisco
? Ferrol: palco da música (Cantón)
? Santiago de Compostela: praza de Cervantes
? Lugo: diante do Concello
? Ourense: praza Maior
? Pontevedra: Subdelegación do Goberno
? Vigo: praza da Princesa
? Vilagarcía de Arousa: praza de Galicia