Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 19 Abril 2024.

CCOO volve gañar as eleccións sindicais en Navantia

  • As candidaturas de Comisións foron de novo as máis votadas tanto nos estaleiros da ría de Ferrol coma no resto do Estado

A Federación de Industria de CCOO de Galicia volveu gañar as eleccións sindicais nos estaleiros públicos Navantia. As candidaturas de CCOO foron de novo as máis votadas tanto en Galicia coma no resto do Estado, malia a diminución do cadro de persoal que se produciu nos últimos catro anos.

10/07/2019.
Fotografía de arquivo dunha protesta do persoal de Navantia durante a botadura dun barco

Fotografía de arquivo dunha protesta do persoal de Navantia durante a botadura dun barco

En Navantia-Ferrol, CCOO logrou 9 dos 23 delegados e delegadas que se elixían (39 %). En Navantia-Fene, conseguiu 4 de 9 (44 %).No resto de centros de traballo do Estado, CCOO foi o sindicato con máis apoios, agás en Madrid. En total, este sindicato obtivo 41 delegados e delegadas de 109 posibles (39,61 %), moi lonxe da segunda organización, CSI-CSIF, que ficou con 25 (22,94 %).Cabe salientar que, con estes resultados, case un terzo da representación total de CCOO en Navantia procede dos estaleiros da ría de Ferrol, un dato similar ao de hai catro anos.