Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

CCOO-Servizos gaña cun resultado histórico as eleccións sindicais en Carrefour-Ourense

    Comisións Obreiras pon fin a máis de dúas décadas de maiorías do sindicato amarelo Fetico nas recentes eleccións sindicais de Carrefour-Ourense.

    09/07/2019.
    Centro comercial de Carrefour

    Centro comercial de Carrefour

    Nas votacións do pasado 5 de xullo, participou algo máis do 95 % do censo (172 persoas). As candidatura presentada por CCOO-Servizos obtivo seis delegados e delegadas ?catro no colexio de especialistas e dous no de técnicos?, mentres que Fetico logrou os tres restantes.

    Este resultado é grazas ao traballo dos representantes de CCOO, cun labor constante durante vinte anos en que tivo que padecer numerosos atrancos por parte da empresa e nun escenario dominado por Fetico.

    O labor da sección sindical viuse reforzado nos últimos catro anos cun novo equipo e un labor sindical máis próximo ás persoas traballadoras para solucionar os problemas do seu día a día, indicindo na necesidade de cambio.