Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 24 Abril 2024.

Gran parte dos autónomos e autónomas deben elixir mutua antes do 31 de marzo

  • Afecta as traballadoras e traballadores autónomos dados de alta no Réxime especial (RETA) antes do 1 de xaneiro de 1998

Todas as persoas traballadoras autónomas que optasen por manter a protección pola prestación económica por incapacidade temporal coa entidade xestora (INSS ou ISM, no seu caso) teñen que optar por unha mutua colaboradora da Seguridade Social antes do 31 de marzo de 2019. Afecta a todas as altas no Réxime especial (RETA) que fosen rexistradas antes do 1 de xaneiro de 1998.

27/03/2019.
Trátase dunha novidade recollida no Real decreto lei 28/2018

Trátase dunha novidade recollida no Real decreto lei 28/2018

Esta obriga vén imposta desde o pasado 1 de xaneiro de 2019, data da entrada en vigor o Real decreto lei 28/2018, do 28 de decembro, para a revalorización das pensións públicas e outras medidas urxentes en materia social.

A seguir reproducimos o texto completo do decreto lei que establece este cambio

Disposición transitoria primeira do Real decreto lei 28/2018:

«Os traballadores incluídos no ámbito de aplicación do réxime especial da Seguridade Social dos traballadores por conta propia ou autónomos incorporados ao devandito réxime especial con anterioridade ao 1 de xaneiro de 1998 e que, de acordo coa disposición transitoria vixésima novena do texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social, optasen por manter a protección pola prestación económica por incapacidade temporal coa entidade xestora, no prazo de tres meses a partir da entrada en vigor deste real decreto lei deberán optar por unha mutua colaboradora da Seguridade Social, opción que deberá efectuarse nos termos previstos no artigo 83.1.b do devandito texto refundido, producindo efectos desde o 1 de xuño de 2019».


A cobertura por parte da mutua comezará o 1 de xuño de 2019. As mutuas colaboradoras poden consultarse na web da Seguridade Social  e a súa inscrición nelas é completamente gratuíta e non implica cambio ningún na cota.

Para formalizaren a opción, os traballadores e traballadoras afectadas han dirixirse a calquera Administración da Seguridade Social e presentar o formulario TA.0521 (que poden retirar alí mesmo ou descargalo en www.seg-social.es), xunto co DNI.