Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 19 Abril 2024.

Aprobadas as normas do 12.º Congreso Nacional de CCOO de Galicia

    O Consello Nacional de CCOO, reunido hoxe, aprobou as normas que regulan o 12.º Congreso Nacional de CCOO de Galicia, que terá lugar en maio de 2021.

    14/07/2020.
    Un momento do Consello Nacional, que se desenvolveu por videoconferencia

    Un momento do Consello Nacional, que se desenvolveu por videoconferencia

    O proceso congresual comezará a finais do próximo mes de novembro, coas conferencias congresuais (nivel I) das seccións sindicais constituídas que cumpran cos requisitos establecidos nas devanditas normas. Os congresos dos sindicatos provinciais, comarcais ou intercomarcais celebraranse ao longo do mes de febreiro de 2021.

    A información sobre o calendario congresual pódese consultar na sección documentos desta web.